Libraida convídavos a presentación de Labirinto ou memoria de Marta Dacosta Alonso
A libraría Libraida convídavos a presentación do libro Labirinto ou memoria de Marta Dacosta Alonso (Ed. Caldeirón)
Venres, 26 de outubro, ás 20:30h na libraría.
Contaremos coa presenza da autora.
Labirinto ou memoria é un libro que quere reflexionar sobre a memoria, sobre a súa fiabilidade e os seus traumas. Son certas todas as lembranzas que gardamos? Sucederon efectivamente así? Por que gardamos na memoria feitos que son, aparentemente, intranscendentes? Por que non interpretamos correctamente algunhas lembranzas?.
Marta Dacosta publicou os libros de poesía: Crear o mar en Compostela, premio de poesía “O Grelo” 1993, Pel de ameixa, premio González Garcés 1995, Setembro, premio “Martín Códax” 1998, En atalaia alerta, accésit do Esquío 1999, As Amantes de Hamlet, 2003, Cinsa, 2009, Acuática alma, 2011, Argola, premio O Figurante edicións 2013, Dun lago escuro, premio Joham Carballeira 2013, finalista dos Premios AELG ao mellor libro de poesía de 2014, e Na casa da avoa, 2017, finalista da Gala do libro galego ao mellor libro de poesía dese ano.
Librería Libraida.
Rosalía de Castro, 13 – 36380 * Gondomar (Pontevedra)
T. 986 389 199